23 de xullo de 2019
“Estou convencida de que as administracións públicas implicadas, sexan da cor política que sexan, teñen e deben de cooperar con lealtade institucional para sacar adiante os proxectos beneficiosos da cidade”
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pretende que o Concello e o Porto negocien conxuntamente co Goberno en Madrid a débeda que estipula o convenio asinado en 2004. A intención é "ir da man, con respeto institucional polo ben do Porto e, especialmente, da cidade".
A alcaldesa foi recibida esta mañá polo presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, co fin de abordar os diversos temas de interese para a cidade e que deben xestionar ambas administracións. A primeira edil e o presidente da Autoridade Portuaria trasladáronse ao Porto Exterior para percorrer a obra executada en Langosteira. Rey foi acompañada polo edil de Urbanismo, Juan Villoslada.
Durante a reunión, que durou algo máis dunha hora, ambos dirixentes anunciaron a apertura dunha nova etapa de relacións institucionais que deben servir para poñer en marcha proxectos de cidade e desatascar obras tan importantes como o tren a Langosteira, a débeda co Estado, o deseño da fachada marítima ou os pagos pendentes polas obras da Marina e O Parrote.
"Estou convencida de que as administracións públicas implicadas sexan da cor política que sexan teñen e deben de cooperar con lealtade institucional para sacar adiante os proxectos beneficiosos da cidade", manifestou.
Respecto á constitución dun consorcio para o Porto Interior, a alcaldesa defendeu o modelo que se puxo en marcha en Bilbao para poñer en marcha o proxecto portuario da cidade, pero insistiu en que deben estar presentes nese ente no resto de administracións competentes. "Neste momento o que nos interesa é estudar co Porto todos estes proxectos e solventar os escollos actuais. O primeiro é o diálogo e despois chegarán os acordos", apuntou.
A alcaldesa asegurou que a súa postura sobre a débeda co Estado non cambiou e, por tanto, solicitará, o ben unha condonación total da débeda, si xuridicamente é posible, ou o estudo de outras fórmulas que permitan saldar ese custo da obra portuaria en Langosteira.
Rey agradeceu a Losada a súa intención de buscar consensos para os proxectos de cidade que terán que constituirse de forma conxunta. "Abrimos hoxe unha nova etapa de relacións entre o Concello e o Porto, e este traballo de diálogo debe ser constante e fluído".
Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria, apuntou que se abre "unha etapa diametralmente oposta á anterior, polo que está satisfeito de poñer a primeira pedra para un camiño que ofreza solucións que sexa o máis curto posible" Losada asegurou tamén que, por cuestión de tempo, é lóxico abordar primeiro a desafectación do peirao de Calvo Sotelo e as necesidades económicas do ente que dirixe. "Con independencia do partido político o certo é que a lealtade é para cos cidadáns".

17 de decembro de 2025

17 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible