Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2017

Intervención por venda ilegal na vía pública

No transcurso do dispositivo especial destinado ao control da venda ambulante no mercado da Sardiñeira, procedeuse ao comiso de produtos en diversos postos ilegais.

Ao longo da mañá do día 7, no dispositivo especial destinado ao control da venda ambulante no mercado da Sardiñeira, obsérvanse varios postos de venda ilegais de produtos. Chéganse a intervir un total de 11 vultos e 2 carriños que contiñan zapatos, roupa, xoguetes, dvd, cd etc..., todos eles vellos e usados. Os vendedores ao decatarse da presenza policial ausentáronse do lugar á carreira e non puideron ser identificados. Estes produtos foron recollidos por un camión da empresa concesionaria de recollida de residuos sólidos urbanos para o seu posterior tratamento.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión