Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2015

A concelleira de Igualdade participou nunha xornada de traballo en Bruxelas con diversos colectivos, na que analizaron "medidas para facer fronte ás violencias machistas"

Rocío Fraga, que foi convidada polo Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea, destaca "as carencias da actual lexislación sobre violencia de xénero", así como "o descenso paulatino dos orzamentos destinados a loitar contra esta lacra dende o ano 2009"

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participou este mércores nunha xornada de traballo en Bruxelas con diversos colectivos relacionados coa loita pola erradicación das violencias machistas. A responsable municipal foi convidada polo Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) a esta xuntanza, que foi coordinada pola eurodeputada galega Lidia Senra, e na que tamén estivo presente a concelleira de Políticas Sociais de Compostela, Concha Fernández. A xornada estaba dirixida a analizar “o nesgo machista que existe en determinadas políticas”, centrándose especialmente “nun eido tan sensible como é o da xustiza”, nun momento especialmente delicado, xa que no Estado español morreron asasinadas no que vai de ano 48 mulleres, seis delas en Galicia. No encontro, Fraga destacou “a produtividade desta cita, onde incidimos na situación e as carencias que presenta hoxe en día o ámbito xurídico con respecto ao tratamento das violencias machistas”.

A concelleira de Igualdade saudou a iniciativa da xuntanza, ao “facilitar a creación dun espazo común de debate e análise entre representantes de diversos colectivos que traballan contra as violencias machistas”, como é o caso do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores ou o Sindicato Labrego Galego. “Non só concordamos na carencia conceptual da actual lexislación en materia de violencia de xénero, senón na influencia dos recortes aplicados no tratamento da igualdade”, explica Fraga. 

A este respecto, a concelleira coruñesa recordou que “o orzamento estatal destinado a fomentar as políticas de igualdade e á intervención en materia de violencia de xénero descendeu nun 49% e nun 23% respectivamente entre os anos 2009 e 2014”.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión