4 de setembro de 2015
María García visitou esta tarde aos veciños e veciñas destas zonas, que participaron neste plan pioneiro de xestión ambiental
Esta experiencia serviu como inicio dun proceso de colaboración, que pretende ampliarse a partir de agora fomentando a cooperación de todas as partes para a mellora da calidade de vida e a dignificación destes barrios, indica a concelleira
A Concellería de Medio Ambiente do Goberno local da Coruña amosou este venres a súa satisfacción pola experiencia piloto para a xestión integral de residuos levada a cabo dende o pasado 24 de agosto e até hoxe nos barrios de Campanario e As Rañas. A edil responsable deste departamento, María García, visitou esta tarde ambos enclaves, e cualificou de ?exitoso? o balance xeral desta experiencia pioneira que buscaba ?mellorar a calidade de vida da veciñanza destas zonas e acondicionar a contorna partindo dunha xestión axeitada do lixo con separación en orixe e recollida selectiva?.
García destacou que ?esta experiencia é o inicio dun ambicioso proxecto de colaboración, que pretende ampliarse a partir de agora fomentando a cooperación de todas as partes na mellora na calidade de vida e da dignificación destes barrios. Escoitaremos as súas demandas e impulsaremos a normalización de servizos?.
O Concello da Coruña participou neste proxecto piloto achegando os materiais e facilitando a separación de residuos e o seu transporte pertinente. Ademais, traballadores municipais colaboraron na separación en orixe e na recollida selectiva das distintas tipoloxías de residuos. García destacou a boa acollida entre os veciños de ambas zonas deste proxecto de recollida selectiva, ?de feito, esta iniciativa foi impulsada en boa medida polos propios veciños e veciñas destes barrios, xa que foi a propia asociación do Portiño-Campanario a que nos solicitou unha experiencia deste tipo?.
García incidiu en que o Concello plantexou aos veciños e veciñas de Campanario e As Rañas un proxecto de xestión ambiental moi ambicioso que foi ?superado de forma satisfactoria?. ?Existe unha grande vontade por parte da veciñanza de separar, sobre todo procedeuse a xestión de rodas, residuos voluminosos, escombro, vidro, roupa, pilas e fluorescentes?, explicou. Ademais do propio Concello da Coruña, neste proxecto tamén participou Ecovidrio.
A responsable de Medio Ambiente no Concello da Coruña tamén salientou que este proxecto vai máis alá da propia xestión ambiental de residuos xa que un dos seus obxectivos foi, ademais do principal, ?que todas estas medidas de limpeza están enfocadas a iniciar accións comunitarias de empoderamento e emancipación dos cidadáns destes barrios?.

15 de xuño de 2026

15 de xuño de 2026

10 de xuño de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible