Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2025

A EIM Arela recibiu a visita de Caxoto Contacontos co seu espectáculo "Levántate, Xan!"

A actividade forma parte do programa "Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais", do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, que se desenvolverá ao longo do mes de novembro.

Os nenos e nenas de 0 a 3 anos da Escola Infantil Municipal Arela puideron gozar, o pasado xoves 6 de novembro, do espectáculo "Levántate, Xan!", unha proposta teatral con conto, cancións e monicreques, da man de Caxoto Contacontos.

Esta actividade forma parte do programa Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais 2025-26 , que se está desenvolvendo durante o mes de novembro e que ten como obxectivo o fomento e a dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseándose no Plan xeral de normalización da lingua galega.

Entidades

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión