Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de novembro de 2015

A Feira da Cervexa Artesá celebra a próxima fin de semana a súa segunda edición

Catas, concertos e cursos de elaboración serán algunhas das actividades dun evento no que poderán degustarse máis de 75 variedades

A vindeira fin de semana, desde o día 5 até o día 8, os Xardíns de Méndez Núñez e o mercado municipal de San Agustín acollerán a segunda edición da Feira da Cervexa Artesá, un evento de entrada libre e gratuíta no que o público asistente poderá degustar 76 variedades feitas en distintos puntos de Galicia, Ponferrada e Cantabria. A Feira, organizada pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e na que o Concello da Coruña colabora a través da cesión dos espazos, pretende dar a coñecer a través de charlas, exhibicións e catas a produción artesanal da bebida así como profundar na súa cultura.  

A celebración comezará o xoves 5 na carpa que se instalará nos Xardíns de Méndez Núñez ás 18.00 horas coa pinchada do primeiro barril e a presenza de Cañita Brava como pregoeiro. Até o domingo, de 12.00 a 00.00 horas, sucederanse degustacións, presentacións e concertos das bandas galegas The Pontiaks, The Fabulous Resaca Brothers, Blue Monk e Per-versións no espazo habilitado xunto aos Cantóns, no que tamén haberá un stand para degustar a maridaxe das bebidas artesanais.  

O Mercado Municipal de San Agustín acollerá, pola súa banda, as charlas e catas dos fundadores das casas Kel’s, orixinaria da Coruña (venres 6), e Kallaikia (sábado 7), así como o curso gratuíto de elaboración de cervexa artesá (domingo 8). Para participar neste último, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico á dirección cursodecervexa@gmail.com, xa que as prazas son limitadas.

O peche desta 2ª Feira da Cervexa Artesá chegará no serán do domingo coa entrega dos premios á mellor etiqueta e cervexa da feira, escollidas por votación popular ao longo dos catro días de celebración.

A entrada á Feira é libre e totalmente gratuíta, pero para o consumo e degustación das cervexas as  persoas interesadas deberán mercar o vaso conmemorativo do evento, que terá un prezo de 2,50 €.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión