1 de marzo de 2017
As usuarias e os usuarios do recinto poderán solicitar a devolución do importe proporcional ao tempo de peche
A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, vén de informar que, tras finalizar as obras de acondicionamento e reparación da súa cuberta e posta a punto do recinto para garantir a seguridade das usuarias e dos usuarios, a piscina municipal de Riazor abrirá de novo mañá, 2 de marzo, ao público. O Servizo Municipal de Deportes anuncia tamén que todas as persoas afectadas polo peche da piscina, poderán solicitar a devolución da taxa abonada polo importe proporcional ao tempo de peche. Para simplificar a tramitación desta devolución, distribuiranse, ao longo do mes de marzo, as solicitudes cubertas, de xeito que as persoas usuarias só deban asinalas e presentalas, xunto ao certificado da conta bancaria onde desexe que se lle ingrese o importe en cuestión, en calquera rexistro municipal, preferentemente nos situados no Polideportivo do Barrio das Flores e nas cidades deportivas da Torre e Riazor.

20 de abril de 2026

19 de abril de 2026

16 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible