Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xuño de 2015

A Torre de Hércules celebra o seu sexto aniversario como monumento Patrimonio da Humanidade

O vindeiro sábado 27 celebrarase unha xornada de portas abertas con motivo da efeméride na que a asociación Recreadores de Galicia realizará unha xornada de “inmersión” do Imperio Romano.

O vindeiro sábado, 27 de xuño, a Torre de Hércules cumpre un ano máis na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco e con tal motivo celebra unha nova edición de Ave, Crunia, con actividades de recreación histórica, que estarán a cargo da Asociación Histórico Cultural e Deportiva Recreadores de Galicia, Legio VI Victris. A entrada no monumento será gratuíta.

O monumento espertará este sábado iluminada de azul, a cor da cidade, como xa é costume na celebración deste aniversario. Así, á noitiña do venres e durante a madrugada do sábado, a iluminación da torre mudará de cor.

As actividades, que se desenvolverán no entorno da Torre de Hércules e do Centro de Interpretación (CIAV), ao pé do monumento, comezarán ás 11.00 horas coa apertura dunha exposición dereproducións de materiais de época romana. Tamén no CIAV terá lugar, as 12.00 horas, unha charla sobre

O equipo militar republicano e altoimperial. A continuación, ás 13.00 horas, Recreadores fará unha dramatización titulada Espertar dunha matrona.

Ás 13.30 horas terá lugar un desfile civil polos arredores da torre e desenvolverase o obradoiroinfantil Pequenos lexionarios.

Todas estas actividades repetiranse en horario de tarde, a partir das 16.00 horas, en tanto que ás 19.00 ofrecerase no CIAV unha charla sobre A vestimenta civil en época romana. Tanto esta charla como a anterior estarán ilustradas con reproducións de elementos que recrean a vida da antiga Roma e con diversas ilustracións.

A xornada rematará coa dramatización Suovitaurilia (ofrenda a Marte), que é o deus ao que estaba adicada a torre. As “tropas romanas” dos Recreadores de Galicia ofrecerán un vexilum (estandarte) e farán o xuramente ao deus, tal como se facía na época en que se construíu a Torre de Hércules.

 



Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión