23 de marzo de 2020
Esta medida de prevención contra o COVID 19 xa se aplicou nos mercados de San Agustín e Eusebio da Guarda
A Concellería de Medio Ambiente, aplicando as medidas que se recollen na guía básica de prevención contra o Covid 19, para os mercados municipais e a través da empresa de control de pragas Andrade van realizar traballos de desinfección e limpeza especiais nos mercados.
Esta fin de semana comezaron en dous dos mercados máis grandes e emblemáticos da cidade aos que acoden centos de coruñeses e coruñesas, o de San Agustín e o de Eusebio da Guarda.
Nos próximos días continuarán as desinfeccións no resto dos mercados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible