Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de marzo de 2016

O alumnado do programa Acoreuropa IV comezará as estadías no estranxeiro a partir da semana que vén

30 estudantes de ciclos medios de FP participan na primeira convocatoria, que se desenvolverá até o mes de xuño

As e os estudantes participantes na primeira convocatoria do programa Acoreuropa IV, que desenvolve a Concellería de Xustiza Social e Coidados a través do Servizo Municipal de Educación, comezarán as súas estadías formativas de tres meses de duración a partir da semana que vén. Serán 30 alumnas e alumnos de ciclo medio de FP as e os que se beneficiarán nesta primeira quenda das bolsas do proxecto da área que dirixe Silvia Cameán. Deste xeito, o martes 29 partirán cara Florencia 8 das e dos 10 estudantes que cursarán a estadía na cidade italiana (unha xa saíu o 15 de marzo, e outro sairá o día 26 de maio). O mércores 30 de marzo viaxarán 9 cara Lisboa, 5 cara Cork e 4 cara Portsmouth. Finalmente, o 7 de abril sairán 2 para Viena. A formación desenvolverase até os días 28 e 29 de xuño.

O programa Acoreuropa IV, posto en marcha polo Concello da Coruña, promove a aprendizaxe e formación de mozas e mozos profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e cultura doutros países. A iniciativa permitirá que medio centenar de tituladas e titulados de ciclos medios de Formación Profesional da Coruña poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Austria, Irlanda, Italia, Portugal e Reino Unido. O proxecto educativo desenvolverase ata xuño de 2017 en dúas convocatorias. Nesta primeira, que conta con 30 participantes, está reservada a estudantes que remataron os seus estudos entre xuño  e decembro de 2015; e a segunda convocatoria, de 20 prazas, está reservada para todas e todos os estudantes que se titulen no primeiro semestre de 2016. A inscrición correspondente a segunda quenda poderá realizarse, a partir do mes de xullo, a través da web www.edu.coruna.es.


As 50 bolsas do programa distribúense da seguinte maneira:  15 prazas para Florencia (Italia), 15 para Lisboa (Portugal), 8 para Cork (Irlanda), 7 para Portmouth (Inglaterra), e 5 para Viena (Austria). As bolsas inclúen todos os gastos, xa que cobren as viaxes de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino, o aloxamento no país correspondente e un seguro de accidentes e sanitario. Ademais, os participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención durante a estadía, que oscilará entre os 600 e os 900 euros dependendo do país de destino, así como un curso intensivo e de preparación lingüística, profesional e cultural.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión