12 de maio de 2025
A superficie permitirá a práctica deportiva de calistenia, break e bailes urbanos, baloncesto e ping-pong, entre outras disciplinas
Este luns, a Xunta de Goberno Local deulle luz verde á saída a concurso dos traballos de construción do novo espazo de ocio xuvenil do barrio de Novo Mesoiro, un equipamento que estará situado nunha área axardinada en desuso tras os bloques de vivendas da rúa Ribeira Sacra e o rego de Moitos.
Tal e como se informou a finais do ano pasado, cando se aprobou o proxecto, aproveitarase unha superficie de máis de 1.500 metros cadrados para crear espazos individuais concibidos para a práctica deportiva de calistenia, break e bailes urbanos, baloncesto, ping-pong e xadrez. Tamén haberá un pequeno rocódromo.
Inés Rey razoou que, pola media de idade do barrio -unha das máis baixas da cidade, con moitas familias novas-, "entendemos que este espazo de ocio xuvenil dará resposta a un nicho de demanda que aínda non estaba cuberto".
O investimento previsto nesta actuación é de 230.000 euros. Unha vez que se adxudiquen os traballos, o prazo de execución será de seis meses.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible