20 de maio de 2025
A mellora das frecuencias foi o aspecto a mellorar máis sinalado polos veciños e veciñas, xunto coa intermodalidade
O barrio do Birloque acolleu esta tarde o sexto dos encontros participativos convocados polo Goberno de Inés Rey para falar sobre o futuro do autobús urbano. A sesión que contou con preto de 70 persoas e que comezou coa presentación da alcaldesa, quen lle agradeceu aos veciños e veciñas que se achegaran para participar no proceso.
O equipo técnico do estudo do transporte urbano realizou unha presentación técnica e mostrou os datos de mobilidade do distrito 7 e posteriormente, realizouse unha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.
"Este distrito é un dos máis numerosos mais tamén un dos máis diferentes entre zonas, pois non é a mesma conexión a do barrio dos Castros que As Rañas, mais o novo prego debe dar resposta a todas as necesidades por igual", explicou a alcaldesa, quen estivo acompañada por integrantes do seu equipo de Goberno.
Peticións e suxerencias
O distrito 7 conta con aproximadamente 60.748 habitantes articúlase en 18 liñas de autobús urbano (1, 1A, 2, 2A, 4, 5, 12, 12A, 14, 17, 20, 21, 22, 23, 23A, 24, UDC) máis o BUH e cun total de 107 paradas.
A enquisa realizada durante o encontro permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados -e tamén os máis criticados- polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Practicamente o 79% das persoas que asistiron eran do distrito 7 e un 63% fixérono a título persoal. En total, máis da metade das persoas que asistiron dixeron empregar o autobús semanalmente, entre 1 a 5 días.
Como nos anteriores encontros, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 7 puntos e case todas os aspectos foron puntuados por enriba de 5, coa accesibilidade (5,9) como segundo aspecto mellor valorado. Séguenlle as marquesiñas (5,7), as liñas e paradas (5,7), e a intermodalidade (5). A frecuencia dos servizos (4,2) foi o aspecto peor valorado, así como o único que non acadou a metade da escala.
Neste sentido, a cidadanía identificou como ámbitos prioritarios de mellora as frecuencias (30%) xunto coa adaptación a eventos masivos (15%) e a intermodalidade (12%).
Próximos encontros
O Centro Cívico dos Rosales será o seguinte espazo en acoller unha das citas do calendario de encontros participativos, o vindeiro xoves 29 de maio ás 18.30 horas. O calendario é este:
As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón. Ademais, toda a información sobre o proceso participativo estará dispoñible nesta ligazón: Proceso participativo para o autobús da coruña

21 de decembro de 2025

17 de decembro de 2025

16 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible