Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2026

A entrada ao evento será con invitación. Hai 100 convites dispoñibles, a retirar de forma gratuíta nas instalacións da Escola, na rúa da Torre

O Centro Sociocultural Ágora acollerá o sábado 14 a II edición do concurso Torre 67 Fest, un dos proxectos estrela da Escola Municipal de Música

Dez agrupacións da Escola, orientadas á música moderna, estarán a vindeira fin de semana sobre as táboas do auditorio

O Concello ultima os preparativos de cara á segunda edición do concurso Torre 67 Fest, unha iniciativa organizada pola Escola Municipal de Música (EMM) que busca visibilizar a área de música moderna e, de paso, achegar á cidadanía o traballo e talento do alumnado da EMM.

O concurso terá lugar o vindeiro sábado 14 de marzo (18.00 horas) no Centro Sociocultural Ágora. Ata dez agrupacións sairán ás táboas do auditorio na busca de obter o primeiro premio, que será o pasaporte para representar á área de música moderna na Gala da EMM, un concerto que se celebrará no Teatro Colón o 8 de maio.

No Ágora, os combos participantes serán 'O bigote de Dalí', 'O camiño de Hércules', 'Starband', 'Red Shoes', 'Black Shadow', 'Jazzy Tower', 'Voltavia', 'El combo de Manuela', 'Las Cookies' e 'Combo Number Five'.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor esta iniciativa, "que non só contribúe á posta en valor da Escola Municipal e do seu equipo de profesionais, senón que tamén é fundamental para que as coruñesas e coruñeses coñezan máis de preto a identidade e valores da EMM, que aposta por unha formación musical de primeiro nivel, accesible a persoas de todas as idades, desde hai máis dun cuarto de século".

100 convites dispoñibles para asistir ao concurso do día 14

As persoas interesadas en asistir á segunda edición do concurso Torre 67 Fest deberán retirar previamente o seu convite, que poderán recoller de forma gratuíta nas instalacións da Escola Municipal de Música, na rúa da Torre. Hai 100 pases dispoñibles.

Cómpre lembrar que as persoas asistentes terán un papel clave no certame, xa que decidirán o Premio do Público, que se sumará ao segundo e o terceiro premio. Ao acto está prevista a asistencia da alcaldesa, Inés Rey, que amadriña o concurso e tamén presidirá o xurado desta edición.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión