Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2026

O Ciclo Concertos de Verán da Orquesta de Cámara Galega achegará á cidade cinco concertos en lugares emblemáticos

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, subliñou que esta iniciativa do Concello e a Orquesta de Cámara Galega avanza cara o obxectivo do Goberno de Inés Rey de “achegar a cultura á cidadanía a través de espectáculos accesibles”

A Orquestra de Cámara Galega e Concello presentaron hoxe o Ciclo Concertos de Verán, unha proposta que levará a música clásica e de cámara a distintos espazos emblemáticos da cidade durante os meses de xuño e xullo. A programación, aberta á cidadanía, combinará concertos de cámara e propostas orquestrais nalgúns dos enclaves máis singulares da Coruña, reforzando o diálogo entre música, patrimonio e cidade.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, que presidiu o acto en nome da alcaldesa Inés Rey, subliñou a "importancia de achegar a cultura clásica a toda a cidadanía a través de espectáculos accesibles que democraticen o acceso a todas as disciplinas artísticas e reforcen a oferta lúdica da nosa cidade".

Precisamente, a iniciativa mantén a súa vocación de achegar a música clásica a novos públicos desde unha programación accesible e de calidade, na que a excelencia artística únese á posta en valor de espazos de especial relevancia cultural e patrimonial.

A programación deste ano contará con intérpretes de recoñecida traxectoria nacional e internacional, entre eles o Dúo Guillén-Triviño (España), o Terra String Quartet xunto ao clarinetista Oskar Espinosa (Estados Unidos), o pianista Uladzislau Khandohi (Bielorrusia), o dúo formado por Diana Tishchenko e José Gallardo (Ucraína - Arxentina), e a propia Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba Otero.

Os concertos celebraranse en espazos como o Palacio de Capitanía, a Igrexa das Capuchinas, o Auditorio de Afundación, o Paraninfo da Universidade da Coruña e a Igrexa de Santo Domingo, reforzando a conexión entre música, cidade e patrimonio

Con entrada libre ata completar capacidade, o ciclo busca ofrecer a veciños e visitantes unha programación de calidade durante o inicio do verán coruñés, contribuíndo á dinamización cultural da Coruña e reafirmando o compromiso do Concello e da Orquestra de Cámara Galega coa difusión da música clásica, o repertorio camerístico e a creación de novos públicos.

A programación completa é a seguinte:

  • 18 de xuño: 20.00 horas, Palacio de Capitanía. Manuel Guillén e Gonzalo Triviño. 

  • 22 de xuño. 20.00 horas, Igrexa das capuchinas. Terra Quartet e Oskar Espinosa. 

  • 30 de xuño. 20.00 horas, Auditorio Afundación. Uladzislau Khandohi

  • 2 de xullo. 20.00 horas, Paraninfo da Universidade. Diana Tishchenko e José Gallardo.

  • 4 de xullo. 20.45 horas, Igrexa dos Dominicos. Orquesta de Cámara Galega

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión