14 de xuño de 2025
O foro puxo fin a un proceso participativo con máis de 500 persoas implicadas e 2.000 achegas sobre o novo modelo de autobús urbano
O Circo de Artesáns acolleu hoxe o foro final do proceso participativo co que o Concello da Coruña busca definir o futuro modelo de autobús urbano. Esta sesión puxo o broche a un proceso desenvolvido desde marzo, con encontros nos distintos barrios da cidade e a participación activa da cidadanía.
Ao longo de 13 encontros celebrados, un total de 530 persoas participaron presencialmente achegando as súas propostas. Recolléronse 1.643 achegas nas dinámicas participativas, 326 a través da caixa de suxestións, e outras 415 foron enviadas por correo electrónico. En total, implicáronse 78 entidades veciñais, sociais e profesionais. No foro final, expuxéronse os principais retos identificados durante o proceso: mellorar as conexións con hospitais e polígonos industriais, ampliar os horarios, facilitar os transbordos, mellorar a accesibilidade, a conexión entre barrios e a ocupación dos autobuses, ademais de contar cunha flota máis eficiente e moderna.

12 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible