29 de xaneiro de 2025
O Goberno de Inés Rey impulsou o acondicionamento da calzada nas dúas localizacións, logo da petición da Asociación Veciñal de Pedralonga
O Concello rematou esta semana o asfaltado e pintado da rúa Lázaro Cárdenas, na Pedralonga. Trátase dunha vía moi transitada polo tráfico rodado, pois serve de conexión alternativa do barrio de Eirís desde a rúa Santa Teresa de Jornet, fronte á residencia da terceira idade, co núcleo de Pedralonga (tramo paralelo ao itinerario por estrada de Eirís e avenida de Montserrat).
En concreto, asfaltouse o tramo entre o bloque de edificios número 13 e o inicio da avenida de Pedralonga e pintáronse as liñas e bandas na calzada. Presentaba diversas deficiencias, como fochas e desgaste froito do uso da vía. A estrada é de carril único e dálle servizo a en torno a unha centena de veciñas e veciños residentes na rúa, con acceso aos garaxes en Lázaro Cárdenas.
O Concello tamén actuou noutro tramo da rúa Pedralonga, no lado do parque infantil e a área biosaudable, unha das vías máis transitadas do barrio como acceso ao edificio que lles dá servizo á AA.VV. Pedralonga e Down Coruña. Acometeuse o asfaltado e pintado desde a entrada pola avenida de Pedralonga, desde o Mesón A Rúa, até o número 43 ao remate da área biosaudable.
Ambas as intervencións foron demandadas pola Asociación Veciñal de Pedralonga e comprometidas pola alcaldesa. O Goberno de Inés Rey acometeu así o acondicionamento da calzada nas dúas localizacións, cumprindo coa petición veciñal.

20 de novembro de 2025

11 de novembro de 2025

7 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible