4 de agosto de 2026
As obras, xa adxudicadas, comezarán proximamente e suporán unha mellora integral dos pavimentos, a sinalización, as luminarias, o equipamento urbano e o arborado da zona
O Concello ultima os preparativos para comezar as obras, xa adxudicadas, de humanización e mellora da accesibilidade na rúa Atocha Alta, cun investimento total de 364.794,82 euros. O proxecto está englobado dentro das numerosas actuacións levadas a cabo polo Goberno de Inés Rey no marco do Plan de Barrios.
A intervención supón a humanización do tramo central da rúa, entre as prazas de Cántigas da Terra no seu extremo oeste e de Juan Manuel Iglesias Mato, no seu extremo sur, ademais dun tramo da rúa Tui, ata a súa intersección coa rúa Cuevas.
A actuación incúe a execución de pavimentos peonís dispoñendo pavimentos diferenciados que lle dean cumprimento á normativa de accesibilidade, a renovación do pavimento de calzada, a implementación dunha nova rede de pluviais, a renovación das redes de saneamento, o reforzo da iluminación pública da zona, a mellora da sinalización viaria, a intalación de novo mobiliario urbano e a plantación de arboredo en todos os puntos onde sexa posible.
"Este Goberno municipal ten como un dos seus grandes obxectivos levar melloras e modernizacións integrais coma esta a todos os barrios da cidade, algo que estamos conseguindo grazas á planificación exhaustiva do Plan de Barrios. A de Atocha Alta é unha actuación que se suma a tantas outras que levamos a cabo estes anos co fin de dotar de mellores servizos, contornas e equipamentos urbanos á veciñanza", subliñou Jesús Celemín, concelleiro de Infraestruturas.
O prazo estimado de execución das obras é de seis meses desde a data de inicio dos traballos. O barrio de Monte Alto ten en marcha actualmente outros proxectos de grande investimento, coma o de renovación integral de pavimentos e accesibilidade da rúa Ángel Rebollo, que supón un desembolso municipal de 1.500.000 euros.

25 de xullo de 2026
11 de xullo de 2026

9 de xullo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible