22 de agosto de 2026
A intervención inclúe a ampliación da beirarrúa, a repoboación de arboredo, a implementación dunha rede de pluviais e a disposición de novo mobiliario urbano
O Concello comezou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo, na Agra do Orzán, un importante proxecto incluído no Plan de Barrios 2025-2027 aprobado por Inés Rey e que supón un investimento de case 340.000 euros. Con esta actuación avánzase nos obxectivos de mellora marcados para o barrio.
"O Concello está a traballar para chegar a todos os barrios da cidade, con especial atencións aos que presentan maiores necesidades de melloras estruturais. A Agra do Orzán é unha parte fundamental da Coruña, con máis de 30.000 veciñas e veciños, e cremos que con actuacións como esta estamos a dar pasos para mellorar a calidade de vida da cidadanía", subliñou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín.
Entre as actuacións contempladas, inclúense a execución de pavimentos peonís dispoñendo firmes diferenciados para a mellora da accesibilidade, a renovación da calzada, a implementación dunha nova rede de pluviais, a renovación dos tramos antigos da rede de saneamento e a modificación da canalización de iluminación.
Ademais, se procederá á ampliación da beirarrúa na zona previa ao paso de peóns, co obxectivo de mellorar a visibilidade dos viandantes ao cruzar a calzada, e se disporá novo mobiliario urbano nas zonas peonís. Tamén prantarase arboredo naqueles puntos onde non existan servizos subterráneos e onde a súa presenza non comprometa a visibilidade nin a seguridade -que tamén será reforzada coa adecuación da sinalización viaria-.
Un compromiso coa Agra do Orzán
O pasado mes de xullo, o Concello tamén adxudicou o outro gran proxecto de humanización que está a levarse a cabo no barrio, o da rúa Agra do Orzán, na intersección entre a rolda de Nelle e as rúas Meira, Bellavista e Ramón María Aller, cun investimento que supera os 200.000 euros para un proxecto que ten como obxectivo avanzar na modernización da contorna e a mellora da calidade urbana.
"Este Goberno quere que a transformación deste barrio sexa visible para toda a veciñanza. Que vaia máis aló das palabras e que falen os feitos. Actuamos en todos os barrios para construír unha cidade máis verde, máis cómoda para a cidadanía e con mellor calidade urbana", engadíu Celemín.
As obras en marcha, súmanse a todas as que xa están en marcha no Plan de Barrios 2025-2027, que leva máis de 81 millóns de euros mobilizados en investimentos en toda a cidade.

22 de agosto de 2026

17 de agosto de 2026

16 de agosto de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible