3 de xuño de 2026
A instalación permitirá xogar a fútbol sala, balonmán, baloncesto e minibasket, entre diversas disciplinas
Este mércores, o Concello deu un novo pulo á primeira fase do Plan de Barrios 2025-27, un proxecto de transformación urbana concibido como unha folla de ruta a curto, medio e longo prazo para dar resposta ás melloras e necesidades detectadas en cada un dos dez distritos da cidade.
Neste sentido, hoxe aprobáronse investimentos por valor de 2,1 millóns para executar actuacións en Palavea, Lonzas, Castrillón e o Ensanche. Así o notificou esta mañá o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, tras a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que detallou máis polo miúdo as intervencións previstas.
No caso de Lonzas, hoxe deuse luz verde á saída a concurso das obras de construción da nova pista multideporte que se habilitará no parque Pierre de Coubertin.
O espazo conta, a día de hoxe, cun parque infantil para os máis pequenos, mais non dispón de equipamentos públicos concibidos para a súa seguinte etapa, a mocidade. Agora, aproveitarase o espazo dispoñible na explanada para crear esta nova instalación ao aire libre, onde se poderá xogar a fútbol sala, balonmán, baloncesto e minibasket, entre diversas disciplinas deportivas.
A pista, na que se investirá algo máis de 200.000 euros, terá características semellantes ás xa abertas previamente nos Rosales, A Silva e a Urbanización Breogán. "Non falamos de actuacións illadas, senón. Son actuacións que forman parte dun plan para dotar de espazos deportivos abertos á veciñanza en barrios que carecían deles", razoou Lage.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible