Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2025

O Concello da Coruña impulsa o Encontro Emprendemento Coruña 2025 para dinamizar o ecosistema emprendedor local

A iniciativa, que se celebrará o 29 de novembro, repartirá 8.000 euros en premios

O Concello da Coruña organiza o Encontro Emprendemento Coruña 2025, unha iniciativa que busca reactivar a actividade emprendedora na cidade e visibilizar os proxectos que están a construír o futuro empresarial coruñés. "Desde o Goberno de Inés Rey estamos plenamente comprometidos co noso tecido empresarial e, como amosa esta iniciativa, buscamos incentivar ás pequenas empresas para que as súas iniciativas acaden éxito", indicou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.

Este evento, que terá lugar o 29 de novembro, está dirixido a entidades que traballan no ámbito do emprendemento e a proxectos empresariais que teñan iniciado a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2023, sempre que desenvolvan a súa actividade no termo municipal da Coruña.

O encontro ofrecerá un espazo de exposición e interrelación entre emprendedores, entidades e o Concello, promovendo a cultura emprendedora, o intercambio de experiencias e a posta en valor dos recursos locais. Ademais, os proxectos participantes poderán optar a catro premios económicos: premio ao proxecto máis innovador de 3.000 euros, premio ao mellor proxecto de economía social de 3.000 euros e dous premios ao proxecto con maior impacto local de 1.000 euros cada un.

A selección dos proxectos gañadores será realizada por unha comisión de valoración composta por persoal técnico municipal e representantes das entidades participantes. Os criterios de valoración inclúen a madurez da idea, a innovación, a viabilidade técnica e económica, a experiencia do equipo e o impacto territorial. Con esta iniciativa, o Concello da Coruña reafirma o seu compromiso co emprendemento como motor de desenvolvemento económico e social da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión