30 de abril de 2026
O Goberno de Inés Rey achega ata 20.000 euros por celebración para dinamizar os barrios da cidade coas súas celebracións tradicionais
O Concello anunciou hoxe que destinará 500.000 euros a 26 asociacións que organizan festas nos barrios. Trátase do segundo ano consecutivo no que o Concello aposta por un sistema de concorrencia competitiva para a asignación das subvencións. O sistema, recordou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, púxose en práctica por primeira vez o ano pasado, e obtivo tanto o recoñecemento das entidades como do público.
"A Coruña non se pode entender sen os seus barrios. O traballo das asociacións veciñais na cohesión social da comunidade é esencial, nese obxectivo as festas son un instrumento imprescindible, aportando tamén un apoio relevante ao tecido cultural da cidade. O Goberno de Inés Rey seguirá apoiando decididamente as festas de barrio pola súa trascendencia social e cultural", indicou Castro. Este ano aumentou o número de entidades solicitantes das axudas.
En total, o Concello destina 500.000 euros a sufragar 26 festas tradicionais que se celebran en toda a cidade. Cada asociación disporá entre 16.700 e 20.000 euros, fondos que poderán empregarse para aboar todos aqueles gastos vinculados á organización das festas. Entre os requisitos figuran que as celebracións sexan de carácter aberto e gratuíto. Son gastos subvencionables os cachés, alugueiro de equipos de son, transporte de materiais, iluminación, instalación eléctrica, seguros e aqueles que directamente sexan precisos para a organización das festas.
Ademais, o Concello daralles asesoramento a todas as entidades para axudarlles a completar o proceso. Tamén se cederán gratuitamente aseos químicos, valados, tarimas, mesas e cadeiras sempre que exista dispoñibilidade. "Trátase de axudar en todo o posible para que as festas nos barrios sexan un éxito", indicou o concelleiro.
As festas nos barrios neste 2026
Festas do Barrio das Flores: 8, 9 e 10 de maio.
Festas de Xuxán: 9 e 10 de maio.
Festas dos Rosales: 29, 30 e 31 de maio.
Foliagra: mes de xuño.
Festas de Mesoiro e Vío: 6 de xuño.
Festa dos Porcos (Labañou): 13 de xuño.
Festas de Palavea: 13 e 14 de xuño.
Festas do Martinete: 20 e 21 de xuño.
Festas dos Mallos: 26 e 27 de xuño.
Festas de San Pedro de Visma: 26, 27 e 28 de xuño.
Festas de Monte Martelo Martelo (Martinete): 2, 3 e 4 de xullo.
Festas de Bens: 3, 4 e 5 de xullo.
Festas de Peruleiro-Mariñeiros: 17, 18 e 19 de xullo.
Romaría dos Castros: 17, 18 e 19 de xullo.
Festas do Carme de Feáns: 17, 18 e 19 de xullo.
Festas de Montelos: 18 de xullo.
Festas do Portiño: 19 de xullo.
Festas da Gaiteira: 14, 15 e 16 de agosto.
Festa da Fresa (Eirís): 18 de agosto.
Festas do Castrillón: 19, 20 e 21 de agosto.
Festas da Sagrada Familia: 21, 22 e 23 de agosto.
Festas de Pedralonga: 22 de agosto.
Festas de San Vicente de Elviña: 5 e 6 de setembro.
Día da Familia (Eirís): 5 e 6 de setembro.
Festas da Falperra: 12 e 13 de setembro.
Festas de Monte Alto: 19 e 20 de setembro.
Festas do Rosario: 6 e 7 de outubro.
Festas do Ventorrillo: 9, 10, 11 e 12 de outubro.

5 de maio de 2026

4 de maio de 2026

30 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible