Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2026

O Concello esixe á Xunta buses metropolitanos que dean servizo ata a UDC e os polígonos da cidade

A concelleira Noemí Díaz demanda tamén estacionamentos disuasorios en orixe para incentivar o uso do transporte público

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, participou esta mañá nun encontro coa dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e os concellos da área para abordar a necesidade de transporte metropolitano tanto na Coruña como na súa contorna. 

Díaz reiterou a necesidade de que existan liñas metropolitanas que unan os municipios da área coa UDC e liñas que enlacen os concellos da contorna cos polígonos industriais da cidade. Actualmente, recordou a concelleira, trasladarse desde eses municipios en transporte público metropolitano ata os lugares de estudo ou de traballo, esixe transbordos e supón unha incomodidade e un exceso de tempo de espera para moitos usuarios. 

A concelleira xa solicitou hai anos dita mellora do servizo público sen que ata o momento a Xunta fixera estudos nin propostas específicas para dar resposta a esa demanda social. "Temos eivas moi importantes no transporte metropolitano, que non está a dar o servizo que os cidadáns esperan, e que ten que adaptarse á realidade, que non entende de fronteiras administrativas. A Xunta é a única competente en transporte metropolitano e tal e como funciona agora mesmo o que se está a facer é fomentar o uso do vehículo privado", indicou a concelleira, que tamén solicitou á Xunta a creación de aparcamentos disuasorios en orixe para facilitar os desprazamentos en bus desde os concellos da área metropolitana ata a cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión