28 de abril de 2026
O Goberno de Inés Rey reforza o seu apoio ás asociacións e entidades que representan a cultura tradicional e popular
O Concello da Coruña publica este venres a listaxe de entidades admitidas do Plan de apoio ás entidades musicais locais de cara a este ano 2026. A contía destinada ás entidades é de 258.000 euros, un 4% máis que o ano anterior. Nesta ocasión o programa arrinca con incremento tanto no número de agrupacións participantes e actuacións a realizar como no orzamento destinado. Haberá un total de 167 actuacións con 41 agrupacións participantes, duas máis que na anterior edición.
"A nosa alcaldesa, Inés Rey, quere apoiar e impulsar mediante este programa ás asociacións que representan a cultura tradicional e popular, que son unha peza fundamental da programación da cidade", indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, quen destacou o aumento da contía outorgada ás asociacións nos últimos anos. O plan busca contribuír á difusión da oferta musical das entidades sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade cultural na cidade, cun grao de implementación social representativo e cunha formulación musical e de baile.
"As asociacións que visibilizan a cultura tradicional da Coruña son fundamentais á hora de trazar a nosa identidade. Por iso, o noso obxectivo é poñelas en valor e fomentar a súa presenza na programación anual de eventos culturais na cidade, cunha perspectiva de continuidade", expuxo Castro. Neste sentido, o concelleiro puxo como exemplo a Romaría de Santa Margarida, que se organiza cada ano durante o mes de agosto, ao abeiro das Festas de María Pita.

28 de abril de 2026

25 de abril de 2026

24 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible