25 de xullo de 2026
O dispositivo especial de mobilidade ofrecerá saídas desde Porta Real cara os distintos barrios a partir das 00.00 horas
O Concello da Coruña activa o vindeiro sábado, 1 de agosto, un dispositivo especial de mobilidade de cara ás Festas de María Pita. Un servizo que implicará un reforzo nas liñas de autobús operativas á finalización dos concertos. O obxectivo do Goberno de Inés Rey con esta medida é favorecer o desprazamento da cidadanía aos concertos que se celebrarán na praza de María Pita os días 1, 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, 13, 15 e 16 de agosto.
O servizo cubrirá todas as actuacións que se celebran na praza durante a primeira quincena de agosto, incluíndo o programa Noites de María Pita e os concertos da praza do Festival Noroeste Estrella Galicia. Este dispositivo, con saídas centralizadas desde Porta Real, estará habilitado a partir das 00.00 horas. Así as liñas nas que está previsto un reforzo do servizo son as seguintes:
Liña 1, con cobertura ás zonas da Palloza, A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón e a avenida de Monelos.
Liña 1-A, con cobertura ás zonas de Catro Camiños, a avenida Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.
Liña 3, con cobertura ás zonas de Durmideiras e Monte Alto
Liña 3-A, con cobertura ás zonas de Labañou e Os Rosales.
Liña 6, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, avenida de Fisterra, O Ventorrillo e Meicende.
Liña 7, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, O Peruleiro, rolda de Outeiro, O Ventorrillo e Vila de Negreira.
Liña 11, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla e Cancela e Os Mallos.
Liña 21, con cobertura ás zonas de Ramón y Cajal, Pablo Picasso, O Birloque e Novo Mesoiro.
Liña 24, que dará cobertura a Elviña e A Zapateira.
Ademais, todos os días, estará en funcionamento o servizo nocturno de autobús no sentido de circulación inverso a partir das 00.05 horas: Porta Real - Os Castros - O Castrillón - Monelos - Eirís - Palavea - Rolda de Outeiro; e de circulación habitual a partir das 00.30 horas: Labañou - Rolda de Outeiro - O Birloque - Novo Mesoiro.

18 de xullo de 2026

16 de xullo de 2026

15 de xullo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible