5 de outubro de 2025
O prazo de envío de imaxes remata o venres 31 de outubro de 2025
As persoas gañadoras recibirán como premio un libro de fotografía, un ano de acceso gratuíto á rede de museos municipais da Coruña para dúas persoas e exemplares do calendario editado
O Concello da Coruña abrirá este luns 6 de outubro o prazo para participar no concurso fotográfico a través do que se seleccionarán as imaxes que se publicarán na vindeira edición do Calendario Municipal, unha publicación editada polo Concello desde hai máis de medio século.
O calendario constará de 24 fotografías: 12 imaxes antigas e outras 12 actuais, en cor, ademais dunha fotografía na primeira páxina. O concurso servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais, en cor, que ilustrarán os meses do Calendario Municipal para o ano 2026 e, se así o decide o xurado, tamén a imaxe da portada.
Prazo de participación
O prazo para o envío de imaxes permanecerá aberto desde o luns 6 de outubro ata o venres 31 de outubro de 2025, ambos os dous incluídos.
Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías, que deberán ser imaxes horizontais, en cor, realizadas dentro do termo municipal da Coruña e que poñan en valor o seu patrimonio.
As imaxes deben enviarse en formato dixital JPG cunha resolución mínima de 3 megapíxeles, e remitiranse como arquivos adxuntos por correo electrónico ou a través da plataforma WeTransfer ao enderezo concursofotografico@coruna.gal . No asunto do correo deberase indicar: Concurso Calendario Municipal 2026.
No corpo do correo deberán constar os seguintes datos da persoa participante:
Cada ficheiro debe levar como nome o nome da autora ou autor, seguido dun número por cada imaxe, para facilitar a súa identificación.
Previo consentemento da autoría, as imaxes poderán ser reencadradas para a súa correcta adaptación ao formato do calendario, no que se empregan os seguintes tamaños:
Xurado
O xurado estará composto por sete membros:
Este xurado será o encargado de seleccionar 12 fotografías de 12 participantes diferentes. Ademais, poderase escoller, se así se xustifica por razóns de calidade, unha imaxe adicional para a portada do calendario.
Tamén se establecerá unha listaxe de reserva composta por seis fotografías máis, ordenadas por puntuación.
Criterios de valoración
Na selección das imaxes, o xurado terá en conta os seguintes criterios:
Premios para as persoas gañadoras
Cada persoa premiada recibirá:
Condicións de participación
As persoas participantes declararán expresamente que posúen os dereitos de autor das fotografías presentadas e que, no caso de resultar seleccionadas, cederán gratuitamente ao Concello os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública das mesmas, sen máis limitacións que as legalmente establecidas.
Así mesmo, as persoas participantes autorizan o tratamento dos seus datos persoais para os fins de xestión do concurso. Poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición mediante solicitude ao mesmo correo electrónico de contacto.
A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer nas semanas posteriores á finalización do prazo de presentación.
As persoas interesadas poden consultar e descargar as bases completas do certame no apartado de descargables situado ao final desta páxina.
Descarga aquí as Bases do concurso fotográfico do Calendario Municipal 2026 (273 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible