25 de marzo de 2026
Os Museos Científicos Coruñeses estarán abertos todos os días da Semana Santa
O Planetario da Casa das Ciencias inicia este sábado, 28 de marzo, a súa programación especial sobre os eclipses solares, que precederá a este fenómeno astronómico que terá lugar o 12 de agosto e que A Coruña gozará desde unha posición privilexiada. "Baixo a marca ACoruñaCidadEclipse, o Goberno de Inés Rey está preparando durante estes meses diferentes actos divulgativos e promocionais vinculados á eclipse solar, co obxectivo de que o 12 de agosto sexa unha data histórica para a cidade", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
A programación do planetario da Casa das Ciencias, que incluirá catro sesións diarias do 28 de marzo ao 6 de abril, incorpora a estrea dunha sesión en directo cun contido especial dedicado ás eclipses solares, con motivo da que se poderá gozar desde A Coruña o 12 de agosto. Será unha sesión dirixida a persoas maiores de 10 anos na que se explicará que son as eclipses e a maneira máis adecuada e segura de observalas.
Ademais, durante a Semana Santa, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán as súas portas todos os días, incluídos os festivos. O horario de apertura será de 10.00 a 19.00 horas, sendo o último acceso ao Aquarium Finisterrae ás 18.00 e á Casa das Ciencias e a Domus ás 18.30 horas.
Carteleira do Planetario do 28 de marzo ao 6 de abril

16 de marzo de 2026

2 de marzo de 2026

28 de febreiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible