Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2024

Os IES Rafael Puga Ramón e IES Agra do Orzán, e os CPR de Eirís e as Esclavas, gañadores dos premios do programa Imaxina Coruña 2024

Unha vintena de proxectos de dez centros educativos participaron nesta iniciativa municipal, ideada para difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de Educación Secundaria da cidade

O concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, entregou esta mañá na Domus os premios da terceira edición do programa Imaxina Coruña, unha iniciativa impulsada polo Goberno de Inés Rey e destinada a difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de Educación Secundaria da cidade.

Os gañadores desta edición do certame foron: O CPR Internacional de Eirís na categoría de sustentabilidade, co proxecto 'Ecomoda'; o IES Rafael Puga Ramón na categoría de Innovación, co proxecto 'A cidade de cristal desde a perspectiva STEAM e de sustentabilidade', e o CPR Esclavas do Sagrado Corazón na categoría de compromiso social, co proxecto 'Concienciarte'. Ademais, o IES Agra do Orzán recibiu o premio ao mellor vídeo-relato do seu proxecto, concedido por votación popular.

O concelleiro destacou a calidade e a orixinalidade dos traballos presentados, que orbitaron en torno á temática das artes, ciencia e tecnoloxía. "Quero felicitar a todos os centros educativos participantes, ao persoal docente que liderou os grupos de traballo e, sobre todo, ás alumnas e alumnos, que aproveitaron as posibilidades do big data, a intelixencia artificial, os metamedios e os novos espazos de representación dixital para presentar uns traballos que axudarán a contribuír á resolución de problemas reais da nosa sociedade", sinalou.

Na actividade participaron 71 estudantes e 16 profesores de dez centros educativos, que presentaron un total de 20 proxectos. Os tres equipos premiados viaxarán a Bilbao para visitar a feira científica Zientzia Azoka, e os centros aos que pertenecen recibirán un cheque regalo por importe de 500 euros para adquirir material científico e tecnolóxico.

Tras a entrega de premios tivo lugar un espectáculo científico a cargo de David Ballesteros e un xantar con todas as persoas participantes. Ademais, con motivo desta celebración, a Domus acolle este sábado unha xornada de portas abertas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión