Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2017

PROGRAMA "ANIMAL, BO AMIGO"

O pasado mes de abril comezou o desenvolvemento do programa "Animal, bo amigo" pola Patrulla Verde da Policía Local da Coruña, en colaboración co Servizo de Medio Ambiente Municipal.

O martes día 18 de abril de 2017 comezou o desenvolvemento do programa "Animal, bo amigo" pola Patrulla Verde da Policía Local da Coruña, en colaboración co Servizo de Medio Ambiente Municipal nalgúns colexios da cidade e dirixido a escolares de 6º de primaria.

Nos últimos anos aumentou o número de intervencións da Policía Local relacionadas con animais (casos de abandono, de malos tratos, problemas de convivencia...).

En moitos casos obsérvase unha carencia manifesta dalgúns valores fundamentais necesarios para a tenza ou convivencia con animais. Por iso, desde o Servizo Municipal de Medio Ambiente considerouse interesante esta iniciativa, pensando en que os/as escolares actuais serán os/as futuros/as posuidores/as de animais.

Os contactos e charlas realízaas un membro da patrulla verde. Ademais, conta coa presenza dun membro do Servizo municipal de Medio Ambiente, na súa calidade de adestrador e un can, para que os/as escolares coñezan a linguaxe canina e o seu comportamento, entre outras cousas.

Este programa é algo novo, xa que a Policía Local, desde hai anos, impartiu charlas nos colexios, especialmente en materia de seguridade viaria, pero sobre esta temática non se realizou nada, ata a data.

De momento comezouse con 5 colexios no presente curso, coa vista posta xa no próximo, tendo en conta a boa acollida que está a ter a iniciativa entre a comunidade educativa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión