4 de xaneiro de 2016
Promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
O pasado 28 de decembro foi publicada a "Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria para o ano 2016". Esta orde ten como obxectivo favorecer a capacidade creativa e emprendedora da sociedade galega como base do crecemento, a competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.
Poderán beneficiarse das axudas deste programa:
1. Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016), e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
2. Persoas traballadoras autónomas ou por conta propia que formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal.
NON poderán beneficiarse deste programa:
1. Persoas desempregadas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
2. Perceptores de subvencións ao amparo dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
3. Quen desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.
4. As persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
5. Non poderán obter a condición de beneficiarios do programa regulado nesta orde as persoas en que concorran as circunstancias sinaladas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Revisa os requisitos de forma detallada, podes consultar a orde a través desta ligazón.

29 de novembro de 2025

25 de novembro de 2025

23 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible