20 de maio de 2026
Como se establece nas bases da convocatoria, as persoas seleccionadas dispoñen dun prazo de dez días hábiles (do 21 de maio ao 3 de xuño) para aceptar a súa participación no programa.
O Servizo de Educación do Concello da Coruña publicou hoxe, mércores 20 de maio, as listas definitivas do alumnado seleccionado, en lista de espera e persoas excluídas do programa municipal Idiomas do mundo. Verán 2026 , que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto do próximo verán.
As listas pódense consultar a través do taboleiro de edictos municipal, na páxina do portal de Educación coa información do programa e na sección de documentos "relacionados" desta noticia.
De acordo ao estblecido no punto 13 das base da convocatoria, tras a publicación das listas definitivas, as persoas seleccionadas dispoñerán dun prazo de 10 días hábiles para a súa aceptación (do 21 de maio ao 3 de xuño, ambos os días incluídos), que deberá ser asinada por ambos os proxenitores ou titores legais e comunicada por escrito ao servizo municipal de educación (SME), a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Transcorrido ese prazo de 10 días hábiles, sen que se produza tal comunicación, entenderase que renuncia á súa participación no programa.
Os modelos de aceptación e renuncia pódense descargar desde a sección de documentos "relacionados" desta noticia e da páxina coa información do programa ( Idiomas do mundo. Verán 2026 ).
Por outra banda, no caso de que a persoa solicitante teña que facer unha achega económica, deberase achegar, así mesmo, o xustificante bancario do pago á empresa adxudicataria do importe correspondente á achega familiar.
Reunión informativa sobre os detalles do programa
Para informar sobre os detalles do programa, que se desenvolverá entre o 26 de xullo e o 23 de agosto, convócase ás familias das persoas seleccionadas, e das 10 primeiras en lista de espera (número de orde de 33 a 42), a unha reunión o vindeiro luns, 25 de maio, a partir das 18:30 horas, na aula 9 do Centro Sociocultural Ágora.
Actividades relacionadas

12 de maio de 2026

11 de maio de 2026

10 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible