23 de decembro de 2019
Convocatoria de xaneiro de 2020
Números agraciados no sorteo, a partir dos cales se empezarán a confeccionar as listas de admisións
O documento que se achega contén os números de sorteo de cada centro cívico, a partir dos cales se elaborarán as listas de persoas admitidas provisionalmente (*) na convocatoria de xaneiro do programa de Actividades Socioculturais de Prevención e Cooperación Social, que a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación desenvolve nos centros cívicos municipais.
(*) A admisión é provisional posto que non se fai definitiva ata que as persoas formalicen a inscrición.
As listaxes publicaranse o día 15 de xaneiro de 2020.
Inscrición nas actividades:
Unha vez comprobada a súa inclusión na listaxe de persoas admitidas deberán retirar, no centro cívico, o impreso municipal de autoliquidación de taxas, necesario para poder aboar, na entidade bancaria e no número de conta que figura no propio impreso, o prezo público que corresponda.
Para formalizar a inscrición definitiva nunha determinada actividade as persoas incluídas nas listas de admisións deberán presentar, no mesmo centro cívico no que se realiza a actividade, o resgardo do impreso municipal de autoliquidación de taxas no que conste que fixeron o aboamento do prezo público correspondente. Este trámite de presentación deberá realizarse, necesariamente, dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria; de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.
Os días previstos para a inscrición nas actividades nesta convocatoria de xaneiro son:
21, 22 e 23 de xaneiro de 2020 no seguinte horario:
Mañás de 10:30 a 13:30 h
Tardes: de 17:00 a 20:00 h
Resultados do sorteo para actividades da convocatoria de xaneiro de 2020 (393 KB)
7 de maio de 2024
6 de maio de 2024
2 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible