7 de xaneiro de 2016
O Pleno do luns comezará con oito minutos de silencio polas sete mulleres e un bebé asasinados polas violencias machistas
A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, demandou ás administracións central e autonómica que “tomen medidas ante unha cuestión de Estado” despois do minuto de silencio gardado esta mañá no Pazo de María Pita en repulsa dos dous últimos asasinatos machistas perpetrados en Madrid e Guadalaxara (Galápagos) e en solidariedade coas familias das vítimas, ao que se sumaron representantes do Goberno local e de todos os grupos da oposición, así como traballadoras e traballadores municipais. Fraga salientou que, “a pesar do cambio de ano e as datas”, a situación “non vai cambiar até que non se poñan máis recursos sobre a mesa”. A edil sinalou que o Goberno local “continuará coa demanda” ás institucións competentes dunha maior dotación orzamentaria para reforzar os programas de sensibilización e prevención das violencias machistas materia así como os de acompañamento ás mulleres que están en situación de violencia.
A responsable municipal lembrou que o Pleno do vindeiro luns, día 11, comezará con 8 minutos de silencio polas “sete mulleres e un bebé asasinadas” desde a anterior sesión. Esta medida simbólica forma parte do protocolo de actuación en caso de asasinatos machistas aprobado por unanimidade por todos os grupos no Pleno do pasado 14 de setembro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible