Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de decembro de 2016

Sancionada por non respectar o descanso da veciñanza

Sancionada unha muller nunha vivenda da rúa Entrepeñas por ter a música alta e impedir o descanso da veciñanza

Ás 00.45 horas do día 26 de decembro a Central Operativa do 092 require unha patrulla da Policía local para que acuda a unha vivenda da rúa Entrepeñas, onde ao parecer un veciño da zona ten a música a un volume elevado e impide con iso o descanso veciñal.

Unha vez no lugar indicado, os policías actuantes comproban a veracidade dos feitos, ao oír a música desde as escaleiras do inmoble e comproban tamén que no interior da vivenda había unhas 20 persoas. Por iso requírenlle á responsable, unha muller de 19 anos de idade, que apagase a música, ou na súa falta, que a escoitase de forma que permita o descanso veciñal.

É informada de que será denunciada por unha infracción contra a Ordenanza de Protección contra a Contaminación Acústica.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión