Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2017

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07:00 horas do día 22 de marzo até as 07:00 horas do día 23 de marzo

INCAUTACIÓN DE ARMA DE FOGO

Na mañá do 22 de marzo, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que se trasladase a un local, concretamente unha barbería, sita na Ronda de Outeiro, onde uns operarios electricistas atoparon un arma de fogo no falso teito do local. Xa no lugar, a dotación entrevistouse cun dos operarios que explicou como o día 21, mentres cambiaba os focos dunha parte do teito do local, accedeu a un falso teito onde atopou unha bolsa cunha pequena arma de fogo, cartuchos, pedazos de papel e un bote de aceite. Este home, veciño de Culleredo de 46 anos, tamén explicou como non puido localizar á propietaria do establecemento até o día seguinte, que foi quen deu aviso á Policía Local. A propietaria do local sinalou como posible propietario da arma ao seu exmarido, co que estivo casada até hai 25 anos, xa que foi o encargado de reformar o local no ano 1991.  Esta veciña de Cerceda, de 59 anos, engadiu que no ano 1992 fora ameazada de morte polo seu exmarido en varias ocasións, dicíndolle que tiña unha pistola ou que tiña algo escondido no local e que podía ir ao cárcere. A muller identificou ao seu exmarido e sinalou que non tiña relación con el, pero que o vía pola rúa de cando en vez. A propietaria entregou á dotación unha bolsa moi deteriorada con retrincos de papel, un bote de aceite ou similar, unha pistola "Browning" e unha caixa con 25 cartuchos, así como outros cinco cartuchos soltos. A patrulla indicou, tanto ao operario como á muller, os pasos legais a seguir e trasladaron os obxectos ás dependencias da Policía Local, en calidade de depósito e a disposición da autoridade xudicial correspondente.

AUXILIO Á CIDADANÍA

Ás 20:45 horas do 22 de marzo, unha dotación foi requirida pola Sala do 092 para que se trasladase á rúa Faro Finisterre, onde ao parecer, unha persoa de idade avanzada caera ao chan do seu domicilio e a súa filla era incapaz de levantala. Xa na vivenda, a filla da muller, de 70 anos,  explicou á patrulla que a súa nai, de 91 anos, caera no baño e que non era capaz de levantala, pois pesaba moito. A dotación levantou a anciá e sentouna na cadeira de rodas, ao tempo que deu traslado aos Servizos Sociais, xa que a filla tiña problemas físicos e non se vía capaz de coidar por sí mesma da súa nai.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión