14 de febreiro de 2018
Dende as 07:00 horas do 10 de febreiro até as 07:00 horas do 12 de febreiro do 2018
DETIDO POR RESISTENCIA GRAVE E ATENTADO A AXENTES DA AUTORIDADE NO EXERCICIO DAS SÚAS FUNCIÓNS CON RESULTADO DE LESIÓNS LEVES
- Ás 04.30 horas do día 11, unha patrulla da Policía Local que se atopaba realizando labores de presenza policial a pé de control de lecer nocturno na zona do Orzán, concretamente na rúa Socorro, foron informados dunha pelexa nas proximidades, concretamente en rúa pasadizo do Orzán. Desprazáronse ao lugar e observaron que había varias persoas pelexándose, chegando mesmo a lanzarse vasos e outros obxectos, polo que se dispuxeron a intervir para poñer fin á referida pelexa. Tres dos implicados, concretamente dúas mulleres e un home, atopábanse en gran estado de axitación, facendo caso omiso das indicacións dadas polos policías, polo que foi necesario proceder a separalos, tentando suxeitalos para que finalizasen o enfrontamento. As dúas mulleres continuaron pelexándose e o home, endo que os policías estaban a separalas, encarouse cos axentes e comezou a berralles. A patrulla tratou de tranquilizalo, pero as persoas pretendían seguir coa liorta, continuando en gran estado de axitación e negándose reiteradamente a seguir as indicacións dadas, e máis concretamente el, encarándose contra a patrulla varias veces. Nun momento determinado, o home, de 33 anos e veciño do municipio de Oleiros, propínolle varios golpes no peito a un policía. O axente tratou de protexerse ante a agresión, tras o cal o home abalanzouse sobre el, comezando a forcejear e chegando a derrubar ao axente ao chan, o cal resultou lesionado. Finalmente, entre varios axentes da Policía Local, que acudiron ao lugar en apoio, conseguiron inmobilizar e reducir ao agresor, que en todo momento ofreceu forte resistencia. Ante estes feitos, procedeuse á súa inmediata detención e foi trasladado aos calabozos policiais e posto a disposición xudicial. Foi denunciado por un delito de atentado a axente da autoridade no exercicio das súas funcións con resultado de lesións. Por outra banda, en relación ás dúas mulleres, de 28 e 33 anos, e ante o comportamento mostrado, procedeuse a levantar senllas actas de proposta de sanción por desobediencia e alterar a seguridade cidadá ao infrinxir a Lei de Protección da seguridade Cidadá.
DETIDO POR ROUBO CON INTIMIDACION
- Ás 04.20 horas do día 11, unha patrulla da Policía Local que se atopaba no exercicio das súas funcións na rúa Álvaro Cebreiro, observou un mozo que viña á carreira, mirando de cando en vez cara atrás, polo que procederon a interceptalo para verificar o que ocorría, deténdose o mozo en primeira instancia. Cando procederon a solicitarlle a documentación para identificalo, chegou unha segunda persoa nova á carreira, gritando que o parasen que lle roubaba, sendo entón cando o primeiro iniciou a fuxida á carreira, sendo perseguido por un dos policías, que observou como á súa chegada á rúa Orzan, tirou un obxecto, sendo interceptado e neutralizado o mozo e recuperando o obxecto en cuestión que era un teléfono móbil. Procederon a volver con esta persoa ao lugar dos feitos, onde estaba o outro novo que lles había requirido , o cal se atopaba acompañado de dous amigos, os cales manifestaron que momentos antes ían camiñando pola rúa da Estrela cando foron abordados por outros dous mozos que lles pediron a eles se lles deixaban facer unha chamada telefónica, ao que o dono do teléfono accedeu, indicándolles que lle facilitasen o número de teléfono, o que así fixeron dando como resultado que o teléfono estaba apagado ou fóra de cobertura, polo que reiterou a chamada outras dúas veces co mesmo resultado e mentres facía isto, o mozo trato en varias ocasións de arrebatarlle o terminal das mans. Ao decatarse diso, suxeito o móbil fortemente, polo que o mozo ao non poder quitarllo, empezou a propinarlle varios golpes coa intención de que lle entregase o terminal, chegando a dicirlle que lle prestase o móbil que senón rompíalle a cara e que se ía a quedar co móbil. Nun momento dado arrebatoulle o terminal das mans emprendendo a fuxida á carreira, sendo perseguido polo dono, ata que observou que os axentes o interceptaban, pedíndolles axuda. Por todo o exposto, os axentes procederon á súa detención sendo informado dos motivos da mesma así como dos dereitos que lle asistían en tal condición, sendo trasladado a dependencias policiais quedando custodiado a disposicion xudicial nos calabozos policiais xa que rexeito o ofrecemento de asistencia médica, sendo denunciado por un delito de roubo con intimidacion.
DETIDO POR VIOLENCIA DE XÉNERO
- Ás 21.20 horas do 11 de febreiro, recibiuse unha chamada na Sala do 092, solicitando a intervención da Policía Local por un posible caso de violencia de xénero nunha vivenda da Agra do Orzán. Xa no domicilio das requirentes, a dotación entrevistouse con dúas mulleres, unha das cales explicou que mantivera unha discusión coa súa parella na cal este lle proferira insultos e ameazas chegando a zarandeala polos brazos e a empuxala, rompendo varios obxectos da vivenda. Todo isto en presenza da súa compañeira de piso que, vendo a posibilidade de que chegase a máis a discusión, decidiu chamar á policía, o que provocou que o agresor abandonase a vivenda. Os policías comprobaron que había unha gran desorde na vivenda, compatible co que relatara a agredida, e que ademais tiña unha ferida nunha das súas mans polo que foi traslada ao PAC da Casa do Mar e posteriormente ao seu domicilio. Previo ao devandito traslado, cando a dotación dispoñíase a saír da vivenda, regresou o agresor, polo que procedeu á súa inmediata detención. O home foi denunciado ante o Xulgado de Garda por un delito de violencia de xénero.
IDENTIFICADO E DENUNCIADO POR UNHA TENTATIVA DE DELITO DE FURTO
- Ás 05.20 horas do 12 de febreiro, unha dotación policial foi requirida por un cidadán, na zona da avenida Pedro Barrié de la Maza, que denunciou que acababa de observar un intento de roubo de dous homes a un grupo de mozos. A patrulla trasladouse á rúa Alta onde foi requirida por dous homes e unha muller que explicaron que foran abordados por dous mozos e que un deles, finxindo abrazarlles, palpáralles os petos, chegando a collerlle a carteira á muller. Nese intre, a muller deulle un empuxón e puido evitar que lle quitasen a carteira, abandonando a continuación o lugar á carreira. A patrulla pasou a descrición dos presuntos autores do roubo por radiotelefono e deron unha batida pola zona xunto cos afectados para localizalos. Aos poucos minutos, un dos agresores foi localizado na praza de Pontevedra e, dado que non portaba documentación, foi trasladado a dependencias policiais. Alí, este home de 27 anos, foi denunciado ante o Xulgado de Garda por un delito de furto en grao de tentativa. A Policia Nacional continúa coas indagacións para localizar ao outro mozo colaborador necesario do delito.
DENUNCIADA UNHA MOZA POR ALTERAR A SEGURIDADE CIUDADANA
- Ás 06.00 horas do 12 de febreiro, recibiuse unha chamada na Sala do 092 informando dunha pelexa na zona de Barrié da Maza. Ao lugar desprazouse unha dotación onde detectou unha muller moi alterada que tentaba agredir aos peóns e que xa estivera implicada, á primeira hora da mañá, en feitos similares. Mentres estaba a ser identificada, un home, de 25 anos, manifestou que fora agredido pola muller no pómulo dereito sen mediar provocación algunha, sendo este informado da maneira de proceder para denunciar os feitos. A agresora, unha muller de 27 anos que se atopaba en estado moi alterado, comezou a provocar a todos os transeuntes e manifestou a súa intención de suicidarse cando marchase a patrulla, polo que a patrulla requeriu unha ambulancia do 061 a través da Sala do 092. Os técnicos sanitarios, tras valorar á muller, decidiron trasladala a un centro sanitario, sendo acompañada dentro da ambulancia por unha axente da Policia Local a petición dos sanitarios debido ao cadro clínico da muller, que quedou ingresada no centro hospitalario. A agresora foi denunciada de oficio pola dotación por alterar a seguridade cidadá, infrinxindo así a Lei de protección da seguridade cidadá.
CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA
- Ás 00.05 horas do 12 de febreiro, produciuse un accidente de circulación da clase `Contra obstáculo fixo´, no que un vehículo chocou contra o muro do carril de acceso ao aparcadoiro subterráneo sito na avenida Pedro Barrié de la Maza, á altura da glorieta da rúa Sol. O seu condutor ausentouse do lugar despois de producirse o accidente, abandonando o vehículo no medio da calzada, cortando así os carrís de circulación do sentido de marcha cara ao estadio municipal de Riazor, polo que foi necesario habilitar un carril no sentido contrario para restablecer a circulación. Aos poucos, o condutor foi localizado e sometido ás probas de alcoholemia, arroxando estas un resultado positivo (1,06 e 1,03mg/l), polo que foi denunciado ante o Xulgado de Garda, por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal.
- Ás 02.39 horas do 12 de febrerio, unha dotación deu o alto a un vehículo na rúa Manuel Murguía e realizou as probas de alcoholemia ao seu condutor, ao apreciar que presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas. As probas de alcoholemia realizadas ao home arroxaron un resultado positivo (0,54 e 0,56 mg/l), polo que se lle tramitou unha denuncia que lle poderá supoñer unha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir. O vehículo foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal, como medida cautelar de seguridade viaria.

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible