6 de xullo de 2023
A Coruña é referencia para o sector audiovisual co desenvolvemento da vixésimo primeira edición do Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Medios
O Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Medios, Mundos Dixitais, chega á súa vixésimo primeira edición e reforza a posición da Coruña como referente no sector dos videoxogos. A primeira xornada superou as expectativas de asistencia. Este congreso, que conta co apoio do Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos, é clave para a cidade, acaparando a atención de expertos e curiosos nacionais e internacionais.
O público do congreso puido gozar da experiencia dos conferenciantes en series como "A casa do dragón", "Matrix 4", "Morte no Nilo" ou "Pinocho"de Disney ou "Tadeo Jones 3", así como nos segredos do anime, fotogrametría ou asistentes de actuación.
O congreso, que dura ata o sábado, incorpora unha Feira de Emprego: algunhas das máis importantes compañías de animación, VFX e videdoxogos participan nestas xornadas para coñecer novos talentos para os seus equipos.
A Coruña afianza o seu posicionamento como destino MICE con este congreso de alto nivel, líder en animación, efectos visuais e videoxogos

18 de decembro de 2025

9 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible