Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2026

Trinta estudantes da Coruña cursarán primeiro de Bacharelato o curso que vén en Canadá coa nova edición das Bolsas Norteamérica

O alumnado elixido poderá cursar 1º de Bachelerato nun centro educativo de Canadá, convivindo cunha familia de acollida

Trinta estudantes coruñeses participarán no programa Bolsas Norteamérica, que permite realizar 1º de Bacharelato en Canadá durante o próximo curso escolar. As listaxes defintivas de perceptores das bolsas publicáronse hoxe na web municipal (www.coruna.gal/educacion). As persoas seleccionadas disporán de dez días hábiles, do 23 de febreiro ata o 6 de marzo, ambos días incluídos, para aceptar ou renunciar á praza. Para informar con máis detalle das características do programa, o Servizo Municipal de Educación convocou a unha reunión ás familias seleccionadas, ademáis das que integran os primeros postos da listaxe de agarda, en previsión de posibles renuncias. A reunión celebrarase o vindeiro mércores, 25 de febreiro, ás 18 horas no centro Ágora.

A selección dos 30 estudantes participantes remata un proceso de selección iniciado en novembro do pasado ano, cando se abriu o prazo para a presentación de solicitudes. Foron 134 as solicitudes presentadas, das que 30 foron seleccionadas e outras 81 pasaron a listaxe de agarda. Só 23 foron excluídas por no cumprir os requistos previstos nas bases que regulan o proceso de selección.

Das 30 persoas seleccionadas, 27 recibirán a bolsa económica íntegra, de tal maneira que non terán que facer aportación alguna, cubrindo o Concello con todos os gastos. Os outros tres estudantes deberán facer unha achega económica do 10%, o que supón 2.163 euros, cubrindo o Concello o resto de gastos.

Unha comisión de valoración formada por técnicos do Servizo Municipal de Educación e da Área de Servizos Sociais foi a encargada de baremar as solicitudes e elaborar as relación de persoas seleccinadas, en listaxe de agarda e de solicitudes excluídas. Os criterios establecidos para a selección dos participantes céntranse na cualificación media en 3º curso da ESO, a cualificación final da materia de inglés en 3º curso da ESO, a renda económica da unidade familiar e a situación sociofamiliar da persoa solicitante.

O programa "A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2026-27" está dirixido ao alumnado de 4º da ESO dos centros educativos do municipio. O Concello destina 650.000 euros a esta iniciativa, que inclúe a estancia durante un ano académico en Canadá convivindo cunha familia anfitrioa, a escolarización nun High School canadense, a tramitación do visado, as viaxes de ida e volta, a asistencia sanitaria e unha axuda mensual de 120 euros para manutención. Ademais, o alumnado en función da renda familiar poderá optar a unha achega adicional de 400 euros para sufragar gastos.

Tal como se detalla nas bases, existen dous tipos de bolsas. Así, son beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obtiveron unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive) de acordo coa táboa establecida para o efecto respecto dos ingresos familiares; mentres que no caso das bolsas parciais o Concello asume un máximo do 95% e un mínimo do 65% do custo da praza do alumnado seleccionado, de tal maneira que as familias en ningún caso terán que achegar máis do 35% do devandito custo da praza.

"Son xa moitos os mozos e mozas que se teñen beneficiado deste programa ao longo dos anos. Unha forma de saír ao mundo, coñecer outras culturas e aprender idiomas. O compromiso co mantenemento do programa é total, e con el este Concello seguirá a ser un referente educativo a nivel nacional" , apuntou a alcaldesa Inés Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión