Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2023

Un contacontos para aprender a resolver conflitos: proposta para os meses de febreiro a abril nos centros educativos.

A actividade “O vampiro Ramiro - A lectura para resolver conflitos axuda” Está destinada aos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

Trátase dun espectáculo ideal para entreter e reflexionar, xa que aborda de forma amena o desenvolvemento de situacións de aprendizaxe, como a importancia da boa convivencia e o valor da lectura nas nosas vidas.

Desde o 23 de febreiro e ata o 21 de abril un total de 22 centros educativos de infantil e primaria acollerán o contacontos nas súas aulas.

A posta en escena mestura a narración oral con cancións orixinais e coreografías sinxelas. A través de escenografía e decorados introducirase a historia. Desenvolverase tamén un obradoiro de ilustración do personaxe principal, "o vampiro Ramiro".

Documentos relacionados

  • Contacontos Pittaluga Miranda WEB (326 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión