8 de agosto de 2019
A exposición foi proposta por Rodrigo, un rapaz dos Castros de 11 anos que colecciona as figuras desde os catro e que ten xa sobre 1000 pezas
A biblioteca de Monte Alto, Verea do Polvorín s/n-3º andar, inaugurou esta mañá unha exposición sobre piratas feita con figuras de Playmobil. A iniciativa da mostra procede do dono destes xoguetes, un rapaz de 11 anos que se chama Rodrigo e que explicou no acto como naceu a súa afección por xuntalos e como foi quen de facerse cos modelos máis difíciles porque na casa tiña os galeóns antigos do seu pai. Hoxe, o resultado pódese ver no centro bibliotecario do barrio, onde permanecerá aberta ata finais de agosto.
Na exposición está unha selección das mil que ten o cativo, incluídos os barcos e as illas antigas e murallas, as pezas máis valiosas e que en parte gardaba o seu proxenitor, quen lle transmitiu a devoción polos Playmobil. Rodrigo explicou que con catro anos descubriu unha caixa chea deles e "quixen máis e máis". Son, polo tanto, dúas xeracións movidas por un gusto en común polo mundo fantasioso que leva construíndo a firma alemá desde o século pasado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible