31 de maio de 2018
No V Festival de Curtas Ópera Prima 2018, que se realizou o 30 de maio no Ágora, proxectáronse as oito curtas gravadas polo alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria dos oito CEIP que participaron nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega".
O festival foi presentado polo actor e monologuista Ramiro Neira, e contou coa actuación de Uxía López González, unha das gañadoras do VI Certame de monólogos cómicos en galego 2017. Tamén estiveron a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, que entregou os premios, e o coordinador dos devanditos talleres, Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés. Ao eventou asistiu unha gran cantidade de público, entre familiares e compañeiras e compañeiros.
Formaron o xurado:
- Anabel Fernández, coordinadora do ENL da Escola Oficial de Idiomas
- Pepe Barba, xefe de estudos do CIFP Escola de Imaxe e Son da Coruña
- Carmen de Miguel, produtora de audiovisual
- Ana Judel Prieto, técnica de Educación do Concello da Coruña, como secretaria
Outorgou os seguintes premios nas seguintes categorías a:
| CATEGORÍAS | CURTAMETRAXES | CENTROS |
|
MELLOR CURTAMETRAXE |
A convención |
CEIP Víctor López Seoane |
|
MENCIÓN DE PRATA Á CURTAMETRAXE |
Os cinco anos dá morte |
CEIP Ramón de la Sagra |
|
MELLOR DIRECCIÓN |
Cambio radical |
CEIP Raquel Camacho |
|
MENCIÓN DE PRATA Á DIRECCIÓN |
O misterio da máscara branca |
CEIP Eusebio da Guarda |
|
MELLOR GUIÓN |
Viaxe contrarreloxo |
CEIP Manuel Murguía |
|
MENCIÓN DE PRATA AO GUIÓN |
Operación desastre |
CEIP Anxo da Garda |
|
MELLOR REPARTICIÓN |
Loita polas notas |
CEIP Rosalía de Castro |
|
MENCIÓN DE PRATA Á REPARTICIÓN |
The paiaso maldito |
CEIP Prácticas |
Un total de 98 alumnas e alumnos participantes nos devanditos talleres recibiron un diploma da súa participación, e cada equipo un trofeo da Torre de Hércules (co corpo da Torre de caixas de celuloide), elaborado polo taller de cerámica "Kerámicos" da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) e un diploma.
Ademais, as curtas realizadas no 1º trimestre do curso participaron en abril no "Festival CinEOI Coruña" 2018 (organizado pola Escola Oficial de Idiomas, en colaboración co Concello da Coruña) e as realizadas no 2º semestre participarán na próxima edición de 2019.

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible