Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xullo de 2015

Xulio Ferreiro: "Queremos unha residencia universitaria na Coruña, pública, e que atraia a máis estudantes á cidade"

O alcalde coruñés firmou un convenio de colaboración co presidente da Deputación provincial, á vez que manifestou a súa pretensión de que "os próximos catro anos sexan de frutífera colaboración" entre ambos os dous organismos

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse está mañá co presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, e coa vicepresidenta do organismo, Goretti Sanmartín. Tras a reunión, renovouse un convenio de colaboración entre ambas as dúas institucións que ten como obxectivo financiar o programa "Concilia os teus tempos", e que está dirixida a unidades familiares con menores a cargo con necesidades de conciliación dos eidos persoais, familiares e laborais e con problemas para poder levalos a cabo. Na sinatura tamén estivo presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga.

Ferreiro manifestou ante os medios de comunicación que o seu Goberno espera que "os próximos catro anos sexan de frutífera colaboración coa Deputación". "Entendo que a sintonía é boa e temos a esperanza de que este novo goberno vaia supor un cambio nas políticas tradicionais e lle poidamos dar un xiro ao ente provincial, tanto en transparencia, como no eido social e no democrático", declarou o rexedor coruñés.

Pola súa parte, González Formoso agradeceu ao alcalde á benvida. "Pedímoslle que se involucre institucionalmente en facer das deputacións entes ao servizo dos concellos, e que se note outro aire  a xestión destes organismos", explicou, para engadir: "A Coruña é para nós unha cidade moi querida, polo que vaia o noso compromiso con ela por diante".

Tras a firma do convenio, os medios presentes, preguntaron ao alcalde acerca da necesidade dunha residencia universitaria na cidade. "É dende logo unha cuestión que lle trasladarei ao presidente da Deputación porque efectivamente hai ese proxecto enriba da mesa", respondeu.

Sobre a ubicación da mesma, Ferreiro asegurou: "Non temos unha preferencia sobre o edificio, nós o que queremos é unha residencia universitaria na Coruña, pública e que poida servir para atraer a máis estudantes á cidade". "Se a Deputación entende que o edificio do Calvo Sotelo vale e á Universidade tamén lle serve, para nós, perfecto. Quedarán máis inmobles para facer outras cousas", expuxo.

A este respecto, González Formoso dixo ser consciente da necesidade que ten a cidade neste ámbito. "É unha demanda que ten o Concello e que entra dentro da liña de novos aires da Deputación e que pasa poñer en activo os equipamentos do propio ente provincial ao servizo da cidadanía. Temos constatado que hai unha parte do edificio que ten máis posibilidades das que hoxe está a ofrecer á sociedade", indicou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión