Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de febreiro de 2022

23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Cámbiase a efeméride da autora tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Unha data que ata agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo. Esta efeméride adiántase un día, ao 23 de febreiro, tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento.

Foi a investigadora galega Sagrario Abelleira quen revelou o pasado ano unha nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, e dá a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía. Toda esta información quedou recollida na publicación Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858).

Desde o Servizo Municipal de Educación queremos convidarvos a renderlle homenaxe á autora galega lendo e poñendo en valor a súa obra.

Amplía a información sobre a auténtica data de nacemento de Rosalía de Castro aquí.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión