3 de novembro de 2021
A Unesco designou o primeiro xoves de novembro de cada ano como Día internacional contra a violencia e o acoso na escola, incluído o ciberacoso. A Unesco recoñece deste xeito que a violencia na contorna escolar baixa todas as súas formas atenta contra os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, a saúde e o benestar.
Este día ten como obxectivo sensibilizar ás persoas a escala mundial achega do problema da violencia en liña e o ciberacoso, as súas consecuencias e a necesidade de poñerlles fin. Tamén fai un chamamento ao alumnado, os pais e nais, os demais membros da comunidade educativa, as autoridades encargadas da educación e sectores como o das tecnoloxías, a poñer atención a este problema e contribuír á prevención da violencia en liña, con miras a garantir a seguridade e o benestar de nenos, nenas e novas.
Desde o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña sumámonos a este chamamento.

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible