5 de decembro de 2025
O encontro institucional, celebrado tras a recente toma de posesión da nova titular da Fiscalía, serviu para reforzar os lazos de colaboración entre ambas institucións
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu este venres no Concello á nova Fiscala Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, Carmen Eiró Bouza, nun encontro institucional que se enmarca nas primeiras visitas oficiais da nova titular da Fiscalía Superior de Galicia tras a súa recente toma de posesión.
Durante a reunión, a alcaldesa puxo en valor a sólida traxectoria profesional de Carmen Eiró e destacou o carácter simbólico da súa designación, que supón "un paso relevante na presenza das mulleres en postos de máxima responsabilidade no ámbito da xustiza". Inés Rey trasladoulle tamén a vontade do Goberno local de manter unha liña de colaboración fluída e construtiva coa Fiscalía en asuntos de interese común para a cidade.
A visita da nova Fiscala Superior responde á intención de fortalecer os lazos institucionais e reforzar a coordinación entre administracións, co obxectivo de avanzar nunha xestión pública eficaz e comprometida coa cidadanía.

5 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025

29 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible