Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de abril de 2025

O programa incluirá obras de Bernstein, Ito, Appermont e Rimsky-Korsakov, baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis

A Banda Municipal de Música da Coruña ofrece este domingo o seu concerto de Semana Santa dentro do Ciclo de Primavera

A actuación terá lugar o 13 de abril, ás 12.15 h, no Teatro Colón, con entrada libre ata completar capacidade

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) continúa este domingo, 13 de abril, coa súa tempada de concertos dentro do Ciclo de Primavera cunha nova proposta cultural aberta ao público, no Teatro Colón. El denominado concerto de Semana Santa comezará ás 12.15 horas e contará cun programa especial con obras que conxugan reflexión, emoción e espiritualidade.

A dirección estará a cargo do director titular da formación, Juan Miguel Romero Llopis, que escolleu para esta cita un repertorio que viaxa desde os Estados Unidos ata Rusia, con sons contemporáneos e clásicos cargados de simbolismo.

O concerto estruturarase en dúas partes. Na primeira, o público poderá escoitar "Profanation", de Leonard Bernstein, e "Gloriosa", do compositor xaponés Yasuhide Ito. A segunda metade do programa incluirá "A Brussels Requiem", do belga Bert Appermont, e "La Gran Pascua Rusa", do recoñecido compositor ruso Nikolai Rimsky-Korsakov.

Desde a Concellería de Cultura e Turismo, o edil Gonzalo Castro salientou que "a Banda Municipal segue a consolidarse como unha das grandes referencias da vida cultural da cidade, cunha programación coidada e diversa que achega a música sinfónica a toda a cidadanía de forma accesible".

A entrada ao concerto será libre, como é habitual, ata completar a capacidade do auditorio. O Concello da Coruña anima á veciñanza a participar desta nova proposta, nun espazo emblemático e nunha data sinalada no calendario cultural da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión