Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2025

A Banda Municipal de Música ofrecerá xunto a oito estudantes do Conservatorio Superior de Música unha gala lírica este xoves no Ágora

Interpretaranse composicións de Strauss, Mozart ou Chapí

A Banda Municipal de Música da Coruña actuará este xoves 13 de febreiro a partir das 20.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Trátase dunha gala lírica con acceso gratuíto na que a formación estará acompañada por oito estudantes do Conservatorio Superior de Música da Coruña (CMUS).

"A Banda Municipal é un dos grandes expoñentes culturais da nosa cidade e desde o Goberno de Inés Rey seguimos achegando a súa arte a toda a cidadanía, con actuacións especiais e singulares como a deste xoves no Ágora", sinala Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. A formación e os oito alumnos e alumnas da aula de canto do CMUS farán un concerto con composicións de dous xéneros musicais diferentes: ópera e zarzuela.

A Banda Municipal estará dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, que este pasado domingo na actuación que ofreceu o conxunto no Teatro Colón xa adiantou ao público o repertorio. As voces masculinas e femininas mesturaranse para dar forma a composicións de músicos como Strauss, Mozart ou Gounod, na parte da actuación dedicada á ópera. Por outra banda, haberá zarzuelas de Chapí, Soutullo e Vert ou Moreno Torroba.

A actuación forma parte do Ciclo de Inverno da Banda Municipal de Música, que engade o Ágora dentro da súa ampla oferta de actuacións, con convidados especiais, que se celebran todos os meses no Teatro Colón.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión