2 de junio de 2025
O Concello tamén colabora co Conservatorio Superior na organización do espectáculo escénico ‘Luisa Fernanda’, que implicará a 150 estudantes coruñeses en dúas funcións no Teatro Colón, mañá e o mércores 4
O Concello da Coruña e a Xunta de Galicia colaboran esta semana na promoción das actividades do Conservatorio Superior de Música (CSM), que mañá e o mércores 4 organiza o espectáculo escénico 'Luisa Fernanda' no Teatro Colón, coa participación de 150 estudantes de seis centros públicos galegos (CSM, a ESAD de Galicia, EASD Pablo Picasso e os CIFP de Imaxe e Son, Someso e Paseo das Pontes).
A zarzuela 'Luisa Fernanda' combina interpretación musical, escénica, produción técnica, deseño e creación audiovisual e xera un vórtice creativo que pon en valor o traballo interdisciplinario e a creación colectiva, ao remar todas as disciplinas nunha mesma dirección: a profesionalización do alumnado a través de experiencias reais e colaborativas.
Haberá dúas funcións: mañá, martes 3, coa estrea (ás 20.00 horas) e tamén o mércores 4 (ás 20.00 horas). A entrada será de acceso libre, ata completar a capacidade prevista.
A Banda e o CSM, xuntos este xoves no Ágora
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a asistir tamén á actuación prevista este xoves 5 no Centro Sociocultural Ágora, no que a Banda Municipal e a Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña sumarán forzas nun 'Concerto a dúas bandas' no que o director titular da BMMC, Juan Miguel Romero Llopis, levará a batuta.
"Esta semana vai ser moi especial para o tecido musical da cidade, xa que se amosará que A Coruña conta cun potencial enorme e que as alianzas entre os centros educativos e formacións como a Banda, cunha longa tradición tras de si, son positivas e fundamentais para o futuro", subliñou Castro.
O concerto no Ágora (20.00 horas) será de acceso libre, ata completar a capacidade prevista.

13 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible