Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2021

A cantante coruñesa Sés pechará os actos polo Día das Bibliotecas cun concerto no Ágora

Os diferentes centros da cidade celebrarán esta data tan especial do martes 19 ao domingo 24

A rede de Bibliotecas Municipais da Coruña celebrará durante esta semana o Día Internacional das Bibliotecas, que será o domingo 24. Este servizo municipal preparou diferentes actividades baixo o lema 'As BMC acollemos realidades, facilitamos oportunidades'.

O obxectivo será o de visibilizar o importante papel que xogan estas entidades na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A campaña comezará este martes 19 e consistirá nunha serie de accións comunicativas sobre estes obxectivos e a súa interrelación coas bibliotecas municipais. Nas redes sociais das Bibliotecas Municipais da Coruña poderanse seguir as ditas accións.

Os actos polo Día Internacional das Bibliotecas rematarán cun evento moi especial. Será un concerto da cantante coruñesa Sés, que se celebrará o domingo 24 de outubro ás 19.00 horas no centro Ágora. O reparto dos convites será nas propias bibliotecas desde a mañá do xoves 21. Unicamente haberá que identificarse como socia ou socio da rede municipal de bibliotecas para poder levar ata dúas invitacións por persoa ou catro por familia. As entradas distribuiranse ata completar a capacidade do recinto.

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña queren amosar a súa ledicia por volver celebrar un acto presencial como é o concerto de Sés. A cantante coruñesa conta cunha traxectoria ascendente e esgota entradas sempre que actúa na súa cidade natal. O seu inconfundible estilo supuxo unha auténtica revolución na música galega actual.

A rede de bibliotecas agarda que este tipo de actos contribúan a recuperar a vida normal e convida a todos os coruñeses e coruñesas e aos usuarios e usuarias das propias bibliotecas a seguir nas súas redes sociais esta campaña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión