3 de marzo de 2026
A exposición conmemora a traxectoria dunha compañía que entende o teatro como espazo de memoria, encontro e transformación colectiva
A Casa Museo Casares Quiroga acolle desde hoxe a mostra 'Os Náufragos Teatro: 25 anos dando voz ás realidades silenciadas e construíndo comunidade desde a escena'. Trátase dunha mostra retrospectiva desta formación teatral coruñesa liderada por Gustavo del Río. No acto de apertura da exposición participou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, quen destacou "a vontade da nosa alcaldesa, Inés Rey, por ofrecer espazos que afonden no coñecemento das entidades culturais da cidade, que desenvolven un labor divulgativa e social como Os Náufragos Teatro".
No 2026, a compañía coruñesa Os Náufragos Teatro cumpre 25 anos sobre as táboas. Un cuarto de século reivindicando o papel do teatro social como ferramenta de cambio, apostando polos creadores e creadoras galegas e xerando espazos de compromiso real coa diversidade desde as artes escénicas de base. A través dunha escolma de fotografías, pezas audiovisuais e elementos escénicos relacionados coas súas producións e proxectos máis emblemáticos, como 'Silenciados', 'Hugo' ou 'Riazor Ostia', esta exposición conmemora a traxectoria dunha compañía que entende o teatro como espazo de memoria, encontro e transformación colectiva.
Desde hai décadas, as pezas de Os Náufragos Teatro traballan por dar visibilidade ás realidades dos colectivos máis vulnerables ou situados nas marxes: ás vítimas do acoso escolar, da discriminación, da LGTBIQ+fobia ou doutras formas de violencias estruturais, como as que atravesan ás mulleres, ás identidades trans ou ás persoas neurodiversas, entre outras moitas.
A compañía lidera, ademais, outras iniciativas escénicas e culturais íntimamente ligadas ás realidades da cidade, como o Proxecto VINTE de recuperación da memoria do territorio habitado por Picasso; o festival Corufest de artes escénicas pola diversidade afectivo-sexual; ou a peza 'Pura', fondamente vencellada á cidade desde a súa xénese creativa e atravesada polos seus espazos, memorias e pulsións urbanas.
Actuando como unha ferramenta viva para construír cidade desde a escena, esta exposición reconstrúe as voces de todas esas identidades silenciadas. Voces que tiveron e seguen a ter, nas súas producións, un lugar onde deixar de resistir e un punto de apoio para comezar a existir con dignidade.

11 de mayo de 2026

25 de abril de 2026

12 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible