Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2024

A Cidade Deportiva da Torre converterase no epicentro do fútbol base galego co Campionato Galego de Seleccións Comarcais

Uns 600 nenos e nenas participarán o luns 25 na fase final deste torneo

A gran festa do fútbol base galego terá lugar o luns 25 de marzo na Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias. O Concello e a Real Federación Galega de Fútbol organizarán unha intensa xornada de fútbol con motivo da disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais nas categorías sub 11 e sub 13 masculinas e sub 11 e sub 14 femininas.

Preto de 600 nenos e nenas e centos de familiares e afeccionados daranse cita na sede elixida pola RFGF e o Concello para a disputa da fase final deste emblemático campionato que terá lugar na Cidade Deportiva da Torre, participando tamén deste xeito na celebración do 15 aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Este torneo coroará os campións e campioas do Campionato Galego de Seleccións Comarcais tras a disputa da primeira fase que tivo lugar o pasado mes de febreiro en Dumbría e Cee. Así, en Fútbol 8 disputáronse 4 partidos na primeira fase e xogaranse outros 2 partidos nesta fase final, un total de 6 encontros, outorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases ditaminará as catro seleccións clasificadas para as semifinais. En Fútbol 11, pola súa banda, disputáronse 2 partidos na primeira fase e xogarase 1 partido na segunda fase, un total de 3 partidos, outorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases ditaminará as catro seleccións clasificadas para as semifinais.

O Goberno de Inés Rey reafirma deste xeito o seu compromiso coa programación na cidade de grandes torneos e competicións deportivas, que integren un gran número de participantes e acheguen á cidade a visitantes de toda a comunidade ou país. Ademais, para esta competición escolleuse simbolicamente a Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias, todo un símbolo para o deporte e o fútbol base coruñés, pola que pasan cada semana milleiros de nenos e nenas.

Un total de 42 partidos distribuídos en cinco campos

Nesta Campionato Galego de Seleccións Comarcais decidiranse os gañadores de todas as categorías. O torneo comezará ás 09.30 horas e rematará co acto de entrega de trofeos e medallas, previsto para as 20.00 horas. Serán un total de 42 encontros, 28 na modalidade de Fútbol 8 e 14 na modalidade de Fútbol 11.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión